miércoles, 6 de mayo de 2020

HÁBITOS SAUDABLES

"A MOVER O ESQUELETO EN TEMPOS DE PANDEMIA"

O sedentarismo é unha pandemia cuxos efectos se incrementan nestes tempos de confinamento.

A actividade física e as técnicas de relaxación poden ser ferramentas útiles para axudar a manter a calma e seguir protexendo a saúde durante o tempo de confinamento. Por iso é fundamental que, nas idades máis temperás onde se adquiren os hábitos, o noso alumnado continúe con rutinas de traballo físico que incidan sobre os compoñentes da condición física para a saúde (Resistencia Cardio-respiratoria, Forza-resistencia muscular, flexibilidade e composición corporal), combinadas coas habilidades motrices e coordinativas.

Estes vídeos constan dunha serie de actividades físicas cunha duración de 15 minutos aproximadamente, deseñadas para ser desenvoltas na casa, sen apenas material específico e dunha maneira sinxela, divertida e significativa para o alumnado de educación primaria.

Na situación actual, o exercicio físico debe ser un dos maiores aliados para combater a tensión e a frustración dos e das pequenas. A idea é facelo sempre a través do lúdico e o xogo. Que aprendan xogando e xerarlles estímulo.

Nos seguintes links tedes acceso aos vídeos propostos para comezar a MOVER O NOSO ESQUELETO.

Convidamos a todos os nenos/as do noso colexio a que o fagan e se lles apetece nos manden fotos e vídeos do seu exercicio físico.






No hay comentarios:

Publicar un comentario