viernes, 5 de junio de 2020

PANCAKES SAUDABLES


Nesta sección proposta pola profe Tatiana temos hoxe unha colaboración. O profe Xabi comparte a súa deliciosa receita saudable para todos os golosos do cole que lles encanten os doces.

Alguén se anima a facer unha receita e mandarnos fotos ou vídeos?
 
PANCAKES SAUDABLES

INGREDIENTES:
  • 50 gr. de avena.
  • 2-3 ovos
  • unha culler de canela
  • un plátano.
  • unha culler de levadura 
  • leite
  • cacao en pó.
  • stevia
  • coco raiado
     
    PASOS PARA ELABORALO:

    1. Botar nun bowl a avena, os ovos, a canela, o plátano en anacos e a levadura.
    2. Bater toda a mestura ben ata  que quede o máis líquido posible.
    3. Preparar unha tixola cunha gotiña de aceite e pór a potencia máxima.
    4. Cando se quente o aceite, baixar a potencia.
    5. Verter na tixola unha cantidade da masa que temos reservada e ir facendo as filloas /pancakes de unha en unha.
    6. Volta e volta e ir retirando para un prato.
    Para facer o chocolate precisamos medio vaso de leite moi quente e mesturámolo con 3-4 culleres de cacao engadindo ademais dúas culleriñas de stevia. Removemos e vertémolo enriba das filloas/pancakes.

    Para rematar, podes decorar a túa sobremesa, almorzo ou merenda cun pouquiño de coco raiado por riba.

    !! LISTO... A COMERRRR!!!
    Esperamos que vos gusten!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario