viernes, 22 de mayo de 2020

Familia Literaria

Bos días de venres FAMILIA!

Como de rápido pasou esta semaniña das letras galegas! Gustáronvos as actividades? podedes deixar comentarios na parte de abaixo dando as vosas opinións.

Para rematar esta xornada, propoñémosvos  o reto dos SUPER NARRADORES"

 En que consiste o RETO?

É moi sinxelo. Tedes que enviarnos un vídeo ou unha reprodución de son narrando un "conto", "unha lenda", "poemas, "adiviñas", "chistes"... Podedes facelo vós soíños, cos papis e mamis ou con quen queirades. 

Tamén estaremos moi moi contentos e agradecidos se alguén da familia (o papá, a mamá, os avós, tíos/as...) se animan a participar.

Cada semana subiremos os vídeos ou audios que nos envíedes a esta nova entrada do blog que se chama "Familia Literaria"
 
Non vos parece que é unha idea incrible para pasar un momento divertido ao mesmo tempo que nos vemos ou escoitamos despois de tanto tempo?


Hoxe estrénanse nesta entrada a mestra Cris cun conto denominado "A que sabe a lúa" e a mestra Aurita que nos conta un que xa todos sabemos moi ben, "As pitas baixo a choiva".

 Esperamos recibir moitos APORTACIÓNS!!!😀😀😀


                                  "A que sabe a lúa" 




"As pitas baixo a choiva"


No hay comentarios:

Publicar un comentario